lunes, 1 de diciembre de 2008

Amencer de aureolas en volcáns de lava


O luceiro ilumina o horizonte. Luz. Azul, amarela, violeta. Amence Vigo cheo de ledicia no ceo. Hoxe as nubes queren cantar. Hoxe o sol danza agarimoso entre os derradeiros brilos das estrelas, que cansas da noite, durmen agochadas baixo o mar. Non hai vento. As ondas descansan no fondo do océano empachadas de correntes subterráneas. Os mariñeiros, pronto, faenarán na beiramar. Calma, as mariñas están en calma. Os areais descansan fronte as barcas. Os farois dormen xa.


Bos días, todo amañece tranquilo. O son das gaivotas rebulindo entre o ceo debuxan espirais. A brisa, queda, palpita na mañá.

1 comentario:

albagal dijo...

Fermoso texto.

Unha aperta!