viernes, 21 de noviembre de 2008

Polémicas



Onte foron dez mil os estudiantes que se manifestaron en contra do plan bologna en Barcelona. E, en Vigo, non éramos nin vinte os concentrados na facultade de Peritos. Que coño nos pasa, joder! Isto non se para só. Deberíamos preguntarnos que merda queremos e actuar, que é o noso dereito. Buf... que raiba.

jueves, 20 de noviembre de 2008

Escuridade



O Escuro mete medo. Á veces, cando inspeciono o firmamento, éntrame un medo atroz. É vértigo. Terror á caída incontrolada. Floto cos pensamentos e penso... todo cabe en min, todo me desborda. Unha leve pantasma da noite, iso son, dos soños, da brétema. Do pasado e do futuro. Soa, sós, navegando por estes mares, a auga faise inabarcable. Inalcanzable o sol, inalcanzable ti que me tendes a man e non chegan os dedos que esvaran case co roce e perseguen o brazo que empurra todo o teu ser. E, outra vez, a espacio espándese, as dimensións propáganse e non hai norte nin sur, este ou oeste. E quedamos, de novo, sós, sen guia. Desorientados na noite máis pecha á espera desa estrela que dirixa este timón desorbitado, que escoite o eco do berro que grita na escuridade.

miércoles, 19 de noviembre de 2008

A Internete



Enredo de fios interminables interconectados neuronalmente. Telaraña cibernética. Nebulosa interestelar pola que camiñan millares de historias, lembranzas, odios, tristezas e alegrías. Ese escuro espacio cheo de misterio no que cada un de nós somos como esa estrela que brila no firmamento.

A internete. Pais dos soños, das espranzas, do descoñecido... do inefable.


(A Raquel, estrela-guia dos mariñeiros ciberestelares)