jueves, 20 de noviembre de 2008

Escuridade



O Escuro mete medo. Á veces, cando inspeciono o firmamento, éntrame un medo atroz. É vértigo. Terror á caída incontrolada. Floto cos pensamentos e penso... todo cabe en min, todo me desborda. Unha leve pantasma da noite, iso son, dos soños, da brétema. Do pasado e do futuro. Soa, sós, navegando por estes mares, a auga faise inabarcable. Inalcanzable o sol, inalcanzable ti que me tendes a man e non chegan os dedos que esvaran case co roce e perseguen o brazo que empurra todo o teu ser. E, outra vez, a espacio espándese, as dimensións propáganse e non hai norte nin sur, este ou oeste. E quedamos, de novo, sós, sen guia. Desorientados na noite máis pecha á espera desa estrela que dirixa este timón desorbitado, que escoite o eco do berro que grita na escuridade.

No hay comentarios: